Os obxectivos do V Simposio Reveriano Soutullo
Moitas das achegas das mulleres á historia da música galega foron esquecidas debido ao papel que as mulleres ocupan na sociedade, cidadá de segunda en diferentes aspectos, e ás que se lles nega o voto nas urnas ata 1932.
Dedicamos a primeira xornada do simposio a lle dar visibilidade á presenza da muller na música galega ata o primeiro terzo do século XX. Achegámonos a unha análise dos papeis que desempeñou, a través das investigacións realizadas por varias estudosas da música, ás que se unen as realizadas pola Fundación Reveriano Soutullo.
Trátase de dar un paso cara á visibilidade da muller na historia da música. Somos conscientes de que falta moito por facer e de que se está ao principio do camiño.
Trátase de dar un paso cara á visibilidade da muller na historia da música. Somos conscientes de que falta moito por facer e de que se está ao principio do camiño.
Unimos pasado e presente e, como homenaxe á muller, o simposio ofrece dous concertos, o do grupo de gaitas do mosteiro de Pexegueiro e o das andeireteiras da serra do Suído, mulleres que recompilan cancións do municipio do Covelo, cantadas polas súas nais e avoas nos seráns, labranzas e merendas.
A segunda xornada céntrase na recuperación da obra de Soutullo, un dos obxectivos prioritarios da Fundación Soutullo, e no que aínda falta moito por facer. Acompañan os traballos de divulgación, edición e recuperación do patrimonio, que abordamos desde diferentes ángulos.
O obxectivo é tamén darlle visibilidade, nesta segunda xornada, á música de Soutullo. E darlle visibilidade permite sempre un enfoque máis amplo, real e xusto na historia da música galega.
Pechamos coa presentación das bases do primeiro certame de piano Reveriano Soutullo, que se celebrará na primavera do próximo ano 2017, no que Alejo Amoedo interpretará as dúas obras obrigadas desta primeira edición.
O papel da muller na música ata o
primeiro terzo do século XX
Sábado 19 novembro 2016
Coordina: Rafael
Pérez Dopeso
10:30 -
Presentación do V Simposio.
11:00 -
Lorena López Cobas. A presenza invisible: a proxección musical da muller no
século XIX en Galicia.
11:50 -
Rosario Martínez Martínez e Beatriz
López-Suevos Hernández. Eugenia
Osterberger. Compositora do século XIX.
12:40 - Fundación
Reveriano Soutullo Otero. Incursións e realizacións da muller no
mundo da música en Galicia (primeiro terzo do século XX).
13:30 -
Concerto: O mosteiro de Pexegueiro (Tui).
Coordina:
José Manuel Solleiro Rodríguez
16:30 -
Carmen Losada Gallego. Evolución do paradigma da muller pianista en Vigo
(1857-1936).
17:20 - Mª
Rosa Arija Soutullo. As mulleres no campo da composición na chamada Era de
Prata.
18:10 - Isabel Blanco Franco. As mulleres e a música:
as voces silenciadas.
19:00 - As
pandeireteiras da serra do Suído (O Covelo). Traballo de campo e concerto.
20:00 -
Peche da xornada e recoñecementos.
A recuperación da obra de Soutullo
Domingo 20 novembro 2016
Coordina: Xavier Jurado Luque
10:30 - Xavier Garrote Cobelo. O arquivo
musical da Banda Garrote-Ortigueira: Actuación na conservación do arquivo.
11:10 - Alejo Amoedo Portela. A obra
de Reveriano Soutullo no arquivo musical da Banda Garrote-Ortigueira.
11:50 - Carlos Diéguez Beltrán. O proxecto
da Banda Sinfónica Infantil de Galicia e a Fundación Reveriano Soutullo Otero.
12:30 - Mª Rosa Arija Soutullo. Novos
camiños de investigación no arquivo
Garrote-Ortigueira para o traballo de recuperación da obra de Soutullo.
13:00 - Xavier Jurado Luque. O
proceso da edición de Amores de aldea.
13:45 - Audición das obras de
Soutullo editadas pola Asociación Nacional de Directores de Banda: Cidra e Balancé. Entrega das partituras.
Coordina: José Manuel Solleiro
Rodríguez
16:30 - Fundación Reveriano Soutullo.
A recuperación do patrimonio de Soutullo. A prensa.
17:00 - Roberto Conde Bouza. O piano Montano do mestre Soutullo.
17:40 - Pablo Abreu Fernández. A presenza
da editorial Soutullo-Villanueva nos arquivos da Banda Municipal de Vigo.
18:20 - José Manuel Solleiro. Estado
das obras de Soutullo localizadas nos
aquivos da Banda Municipal de Vigo.
19:00 - Presentación das bases do
primeiro concurso de piano Reveriano Soutullo.
19:30 - Alejo Amoedo Portela. Interpretación
das obras obrigatorias do primeiro concurso de piano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario