Hoxe día 16 de maio, o Consello da Cultura Galega organiza o concerto “Aqueles doces Cantares” -no 150 aniversario dos “Cantares Gallegos” rosalianos-, que terá lugar ás 20 horas na igrexa de san Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Serán 36 “cantares” e outras tantas composicións musicais para unha posta en escena na que colaboran a Asociación Galega de Compositores, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. A entrada será libre ata completarse o aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario