xoves, 9 de maio de 2013

Novas para os investigadores




A Universidade de Santiago de Compostela vén de colgar on line o libro Os soños da memoria. Documentación musical en Galicia: metodoloxías para o estudio.O volume recolle as actas do encontro que se celebrou no outono de 2011 no Museo de Pontevedra, organizado polo grupo de investigación interuniversitario Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875‑1936) (HAR 209‑09161), integrado por Montserrat Capelán, Luis Costa Vázquez e Javier Garbayo, coa dirección como IP de Carlos Villanueva.

Para acceder ao texto: http://dspace.usc.es/handle/10347/8133




A Biblioteca Nacional crea unha nova base de datos para a consulta de cantorais. 





Podedes ler máis en: http://www.bne.es/es/AreaPrensa/noticias2013/0508_BaseDeDatosCantorales.html



Acaba de se publicar  a Guía dos Arquivos da Xunta de Galicia, un novo instrumento para mellorar a accesibilidade aos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia e aos fondos que custodian, incluíndo: Arquivo de Galicia, Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, Arquivo Central da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Arquivo Territorial de Xunta de Galicia en Vigo. 
Máis información sobre o tema en:  http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivos-de-galicia/index.html





Ningún comentario:

Publicar un comentario