xoves, 16 de xaneiro de 2014

Esquemas sobre a música en Galicia

Xa dispoñibles nesta páxina algúns esquemas explicativos sobre a Historia da música en Galicia en formato PDF na nosa sección de Recursos. Aquí tes un exemplo cos trazos musicais das cantigas en galego-portugués na Idade Media:


Breve descrición
Características musicais
CANTIGAS DE MARTÍN CÓDAX

FONTE:
Pergamiño Vindel

CONTIDOS:
Sete cantigas de amigo, datadas a mediados do século XII. Compostas por dísticos sinxelos máis refrán.
TIMBRE

Probable canto solístico con acompañamento de instrumentos nun segundo plano
MELODÍA
Articulación neumática
Influencias de diversos ámbitos:
- Canto gregoriano: polo uso de entoacións salmódicas
- Popular: polo uso dun ámbito estreito e movementos por graos conxuntos
RITMO

Uso de notación post-gregoriana que non chega a ser mensural, polo que non hai información de ritmo. Importancia da relación dos acentos textuais coa música
FORMA

Estrófica con lixeiras variacións mas estrofas e mesma música no refrán
CANTIGAS DE SANTA MARÍA
FONTES:
Códice de Toledo
Códices Escorial:
- Códice dos músicos (E1)
- Códice Rico (E2)
Códice Florencia

CONTIDOS:
Máis de catrocentas cantigas adicadas á Virxe María, datadas no século XIII.
Os manuscritos amosan cantigas narrativas e cantigas de loor
TIMBRE
Pezas para ser cantadas de xeito solístico, con posibilidade de certas intervencións corais nos retrousos.
Podería haber acompañamento de instrumentos musicais, mais non con certeza os que figuran representados nas miniaturas
MELODÍA
- Ámbito amplo
- Combina graos conxuntos con pasaxes de máis dificultade interpretadas por profesionais
- Contornos en arco: estrofas con tesitura máis grave que retrousos
RITMO
A notación cadrada semi-mensural levou a varias interpretacións:
- Mensural: aplicando patróns rítmicos, sobre todo ternarios.
- Mensural contextual: máis flexible que mestura fórmulas rítmicas e ritmos binarios e ternarios. Utiliza como medio de control o isosilabismo.
FORMA
Variadas:
-          Estrofa + retrouso: son as máis abundantes, presentando esquemas sinxelos ou máis complexos como os de baladas, rondeles, virelais ou mesmo himnos
-          Formas abertas
CANTIGAS DE DON DINÍS

FONTE:
Pergamiño Sharrer


CONTIDOS:
Seis cantigas de amor, datadas na segunda metade do século XIII
TIMBRE

Probablemente para ser cantadas a solo con acompañamento dun instrumento
MELODÍA
Ámbito medio de oitava
A base de motivos, que presentan ás veces fórmulas mnemotécnicas.
Cadeas de terceiras, características do canto gregoriano.
Articulación músico-textual neumática
RITMO
Complexo, xa que aínda que a notación é modal nos comezos, pérdese no resto da peza.
Uso do isosilabismo.
Íntima relación entre acentos textuais e música
FORMAS

Variadas: oda continua, balada, estrofa con versos e mesmo rondeau

Ningún comentario:

Publicar un comentario