xoves, 26 de setembro de 2013

Próximo relatorio: O fenómeno sonoro no mundo castrexo, a cargo de Lorena López Cobas

No marco do festival Espazos Sonoros, o vindeiro sábado 12 de outubro arredor das 17.30 horas a profesora Lorena López Cobas realizará un relatorio no Centro de Interpretación de Porto do Son baixo o título "O fenómeno sonoro no mundo castrexo". Antes deste relatorio terá lugar unha visita guiada por especialistas en arqueoloxía ao castro de Baroña que comezará ás 16 horas.


Podes consultar o programa completo en: http://espazossonoros.org/files/1613/7233/9286/Catalogo_ES13_web.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario