venres, 1 de novembro de 2013

Novas publicacións e traballos sobre a historia da música en Galicia


Durante a semana pasada tivo lugar a presentación do libro La saga de los Courtier en Galicia a cargo dos irmáns Beatriz e Alberto Cancela, nunha edición que correu a cargo do Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora. 


O pasado mes de xuño presentouse na Universidade de Oviedo un traballo de fin de máster dirixido por Julio Ogas a cargo de Vanesa Painceira Luaces. O traballo titulado La revalorización de la figura de Andrés Gaos en Galicia foi presentado no mes de Xuño na Universidade de Oviedo e pódese consultar no Repositorio Institucional desta universidade pinchando aquí

A finais deste mes verá a luz o libro titulado: Banda de Merza. Unha herdanza musical de Nuria Barros Presas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario